O pasado sábado os nosos pequenos recibían a visita da EF Lalín, lider invicto da categoría e como é habitual nos últimos anos no equipo dezano con grandes xogadores e con opcións a revalidar o título ligueiro.
Pero fixeron os nosos unha primeira parte para enmarcar, cun 5-0 que di ben claro que mandou no campo de Callobre para acabar gañando por 5-3 coa lóxica alegría dos rapaces.
Alex,o noso pichichi.