Aínda así a liga estivo apretada ata ó final. Como campeón quedou o Praíña e o 2ºposto que da dereito a xogar a promoción de ascenso non se decidiu ata a última xornada na que tanto os nosos como Val de Ulla e San Mamede tiñan opcións. Finalmente será este último o que aproveitando que nos últimos 2 encontros non tivo que xogar por non presentarse os rivais (de ahí o que decíamos antes) o que xogará unha moi dura fase de ascenso. Desexarlle dende aquí sorte de todos modos.
Foi o Callobre un dos grandes animadores da liga e só as 2 derrotas contra o Praíña priváronnos dun posto mellor. Aínda así felicitalos pola campaña que fixeron, chea de obstáculos, sendo ademáis un equipo maioritariamente de primeiro ano.