23 abr 2008

Callobre Cadete

Non puido ser. O pasado domingo o equipo cadete caeu na casa ante o Compos e despediuse do título ligueiro que se foi para terras santiaguesas.

Despois da remontada nas últimas xornadas chegabamos coas opcións intactas ó penúltimo partido no que o gañara tería a liga na man, pero a sorte, o tempo e tamén, un pouco, o xogo non acompañaron e cun gol en propia meta a 10 minutos do final os nosos terán que conformarse con loitar na última xornada pola segunda plaza.
De todas formas felicitar ós rapaces polo esforzo e o xogo levado a cabo durante todo o ano...que aínda non remata porque todavía falta a última xornada e despois a fase de ascenso, a Copa do Sar e a Compos Cup.

Un final de tempada cargado de emoción, como todo o ano.