30 abr 2008

Callobre Cadete: o que pasa no campo, queda no campo.

Di unha máxima non escrita do fútbol que o que pasa no campo, no campo queda. E así debería de ser pero desgraciadamente non sempre ocurre así.
E pese ó que poida parecer non falamos de pelexas nin de discusións...

Resulta que o pasado Domingo o noso equipo cadete disputaba en Touro o último partido de liga ó tempo que en Santiago o La Salle xogaba nas Cancelas fronte o Belvís. O equipo santiagués dependía de si mesmo para rematar 2º na clasifiación pero non conseguiu gañar e os nosos rapaces, despois de golear ó Touro, acadaban unha máis que merecida 2ª plaza que non só da dereito a xogar unha promoción senón que ademáis daba a a posibilidade case segura de ascender a 1ª Autonómica sen esperar a o que pasase na fase de ascenso.

Así que o rematar o partido houbo celebración, algo de festa e satisfacción polo traballo ben feito.

Pero parece que non vai poder ser... onte pola noite averiguamos que o La Salle reclamaba por aliñación indebida do Belvís e a Federación dáballe a razón con carácter urxente...

Non queremos criticar dende aquí o feito polo equipo santiagués, que tiña todo o seu dereito. Por eso queremos crer que non houbo mala intención en todo esto, que o rapaz en cuestión xogou sábado cos xuveniles e domingo cos cadetes porque era imprescindible que así fose e que a reclamación foi espontánea e non planeada.

O único do que nos queixamos, pero tamén do que presumimos, e que o 2º posto polo visto no campo merecería e debería ser noso. Pero parece ser que esta vez non vai poder ser. Os rapaces merecíano e a afición tamén, porque se alguén encheu un bus e case enche o campo das Cancelas un mércores ás 5 da tarde esa foi a nosa afición e non outra.

Xa é a segunda cousa "rara" que nos pasa este ano, pero...é o que hai. Alá cada un coa súa conciencia.
Nós seguiremos ó noso, que é pásalo ben entrenando e pásalo ben xogando...porque ascender aínda podemos.

Por certo, onte na Copa do Sar: Xuv. Oroso 1 - Callobre C.F 2. cun penalti en contra, parado por Diego, incluido.