5 oct 2007

Callobre Xuvenil

Arranca este fin de semana a competición para o equipo xuvenil adestrado por Pablo.
O reducido número de equipos na liga levou á federación a crear, antes do comezo do campeonato ligueiro, unha copa amigable entre ós equipos da zona.
O primeiro partido do noso equipo será este sábado no campo do San Mamed.
Despois de mes e medio de adestramentos chega a hora de comezar a competir, de cara ó inicio da liga alá polo mes de decembro, cunha plantilla maioritariamente formada por xente de primeiro ano á que seguro que non se lle atraganta o cambio de categoría.
Moita Sorte!