14 oct 2007

Callobre - Val do Ulla

Derrota do equipo xuvenil no seu estreo no campo de San Martiño nun partido máis igualado do que poida indicar o resultado final.



Adiantabámonos no marcador ó pouco de comezar o encontro tras unha boa xogada de Esteban que acabou rematando Xoan. Tras o noso dominio inicial o Val do Ulla pasou a dominar o balón ata conseguir remontar e chegar ó descanso con vantaxe.
Un gol de penalti inexistente e outro no desconto decantaron unha segunda parte de dominio constante dos rapaces de Pablo.

Resultado Final: Callobre C.F. 1 - Val do Ulla 4

Callobre C.F.: Marcos, Jako, Bibi, Gabo, Tito; Xoan, Kike, Juan, Esteban; Iván e Sergi.
Tamén xogaron: Víctor, Lito, Suizo, Barreiro e Javi T.