29 oct 2007

Callobre C.F - Silleda (xuvenil)

Non puido o equipo xuvenil acadar a victoria o pasado sábado pese a contar con ocasións suficientes ó longo do partido.
Adiantouse o Silleda ó pouco de comezar o encontro e foi quen de manter a vantaxe durante unha primeira parte sen claras oportunidades para ningún dos 2 equipos, pero quizáis con maior dominio visitante.
As cousas cambiaron na segunda metade na que a falta de acerto nos metros finais(con ocasións para Iván, Tito, Fran...) impediu culminar a remontada para acabar perdendo nun contragolpe a falta de 5 minutos para o final.



Resultado final: Callobre C.F. 2 - Silleda 3
Callobre C.F.: Diego, Jako, Bibi, Gabo, Tito; Xoan, Juan, Kike, Esteban; Iván e Sergi.
Tamén xogaron: Lito, Aaron, Suizo e Fran.

Goles: 1-1 Iván
2-2 Tito