18 sept 2007

Silleda - Callobre C.F. (categoría infantil)

Primeiro partido oficial do equipo infantil no súa volta ä Primeira Autonómica, no que a falta de concentración nos primeiros minutos puxo o encontro moi complicado con dous goles encaixados nos cinco minutos iniciais.
Co equipo máis asentado o segundo tempo resultou moito máis igualado pero a diferencia xa era demasiado grande.
Comeza así unha dura tempada para os rapaces adestrados por Dani que tentaran por tódolos medios manter a categoría. Ánimo e sorte!




Xurxo, capitán do equipo

Silleda 7 - Callobre 2

Callobre C.F.
Manu; Rubén, Yago, Jacobo, Xurxo(1), Javi, Eloy, Brais, Fon, David(1) e Carlos.
Tamén xogaron: Miguel, Carlos Blanco, Fabio, Jorge, Diego e Orlando.